Secretaría Xeral da Igualdade

Amarcarril Comparte:
Dende a

Amarcarril Comparte:
Dende a Secretaría Xeral da Igualdade queremos invitalas a participar na difusión dunha enquisa que tenta coñecer a realidade das mulleres maiores en Galicia e poñer en valor a súa relevancia na nosa comunidade autónoma, tanto no seu ámbito familiar como social e laboral.
Esta actividade está promovida polo Consello Galego das Mulleres, órgano colexiado de carácter consultivo no que participan a Secretaría Xeral da Igualdade xunto con representantes de todas as Consellerías da Xunta de Galicia, Asociacións e Federacións de mulleres, Organizacións Empresariais, Organizacións Sindicais e a Fegamp.
Na última reunión deste Órgano acordouse a elaboración dun informe centrado na realidade das mulleres maiores en Galicia, considerando como tales, aquelas mulleres que teñen 65 ou máis anos. Este estudo tenta reflexionar, afondar e compartir coñecementos e experiencias para traballar en prol da mellora da situación das mulleres maiores en Galicia.
No seguinte enlace poden acceder á enquisa: https://forms.gle/qYsf3idpL8R5fECu7
Agradecemos de antemán a súa colaboración e agardamos que co esforzo de todas e todos poidamos avanzar na consolidación dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Un saúdo

queremos invitalas a participar na difusión dunha enquisa que tenta coñecer a realidade das mulleres maiores en Galicia e poñer en valor a súa relevancia na nosa comunidade autónoma, tanto no seu ámbito familiar como social e laboral.

Esta actividade está promovida polo Consello Galego das Mulleres, órgano colexiado de carácter consultivo no que participan a Secretaría Xeral da Igualdade xunto con representantes de todas as Consellerías da Xunta de Galicia, Asociacións e Federacións de mulleres, Organizacións Empresariais, Organizacións Sindicais e a Fegamp.
Na última reunión deste Órgano acordouse a elaboración dun informe centrado na realidade das mulleres maiores en Galicia, considerando como tales, aquelas mulleres que teñen 65 ou máis anos. Este estudo tenta reflexionar, afondar e compartir coñecementos e experiencias para traballar en prol da mellora da situación das mulleres maiores en Galicia.
No seguinte enlace poden acceder á enquisa: https://forms.gle/qYsf3idpL8R5fECu7
Agradecemos de antemán a súa colaboración e agardamos que co esforzo de todas e todos poidamos avanzar na consolidación dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Un saúdo

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s