XORNADA TALENTO AZUL
Compartindo experiencias para avanzar
cara o crecemento sostible dos nosos territorios costeirosDataXoves 29 de outubro de 2020

Lugar Salón de Congresos e Exposicións José Peña (Rúa o Borrón, 14 – Cambados, Pontevedra) Mapa

Hai oportunidades que non podemos deixar escapar porque o noso territorio necesita máis que nunca abrir camiños para o novo futuro que se debuxa nesta complicada situación que estamos vivindo. Ata marzo do ano 2021 estará aberta a última convocatoria de axudas europeas deste periodo, e a Arousa ten que aproveitar ben eses recursos presentando proxectos innovadores, que mostren o gran talento desta terra.

A ría de Arousa conta cun enorme potencial material e humano para desenvolver proxectos que logren diversificar o sector do mar e facer do noso territorio un referente no ámbito do crecemento azul. Necesitamos ideas nas que inspirarnos, coñecer iniciativas que se teñan desenvolvido con éxito noutros territorios, para replicalas ou adaptalas ao noso contexto. Con este obxectivo, o Galp Ría de Arousa quere convidar ao sector produtivo do territorio, do que vostede fai parte, a participar na xornada TALENTO AZUL, na que reflexionaremos sobre as oportunidades que ofrece o crecemento azul como alternativa de futuro para o desenvolvemento económico e social das poboacións costeiras.

Nesta sesión de traballo, os 8 grupos de acción local costeira de Galicia, presentarán proxectos destacados dos seus territorios, que darán lugar a un intercambio de experiencias e a unha reflexión conxunta, para inspirarnos de cara á última convocatoria deste período de axudas.

Despois da presentación de cada proxecto, abriremos espazos de debate e intercambio divididos en 3 áreas de interese, para que as persoas asistentes podan facer consultas directas sobre posibles ideas e iniciativas, e mesmo axendar encontros.Agardamos que esta xornada sexa do seu interese e quedamos dispoñibles para responder a calquera cuestión que precise consultar.

Poden solicitar información adicional ou confirmar asistencia a través do correo electrónico xornadatalentoazul@gmail.com ou no teléfono 653477154 antes do día 27 de outubro.

Saúdos cordiais,GALP Ría de Arousa17:30 Recepción de asistentes18:00 Apertura e Presentación18:20 roxección de video cunha selección de proxectos do GALP 5 – RÍA DE AROUSA18:30 ntervencións dos GALP’s.Presentación de proxectos:VALOR ENGADIDOGALP 2 – ÁRTABRO NORTE
«Adquisición de maquinaria. Vehículo marisqueiro multifuncional»GALP 7 – RÍA DE VIGO – A GUARDA
«Polbo das Illas»GALP 3 – COSTA DA MORTE
«Nova liña de envasado e concentrado de congrio seco artesanal»DIVERSIFICACIÓN, COLABORACIÓN E GOBERNANZAGALP 4 – SEO DE FISTERRA RÍA DE MUROS -NOIA COSTA SOSTIBLE
«Noia»GALP 6 – RÍA DE PONTEVEDRA
«Mar das Illas Atlánticas»SOCIAL, PATRIMONIO E MEDIOAMBIENTEGALP 8 – ÁRTABRO SUR
«Exposición de mobiliario de formigón reciclado producido con cáscara de mexillón»GALP 1 – MARIÑA ORTEGAL
«Creación da Aula do mar A Mariña»19:30 Conclusións e Peche19:40 Degustación de produtos do mar en formato personalizado e seguindo os protocolos sanitarios vixentes para a COVID-19

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s