GALP RIA DE AROUSA

Como avanzábamos, neste 2021 o GALP Ría de Arousa continúa co seu compromiso por promover a igualdade de xénero no sector pesqueiro. Un ano mais, queremos ofrecer un espazo no que conversar entre mulleres e avanzar xuntas no recoñecemento das profesión no mar

.Participa na xornada «Comunicando as profesións no mar»O día 30 de xuño, ás 18h, celebramos na Confraría de Cambados unha xornada sobre a comunicación das profesións do mar.

Non cabe dúbida que as mulleres do mar fostes gañando visibilidade grazas aos vosos esforzos por ser recoñecidas e visibles, aumentando o recoñecemento social dos traballos que desenvolvedes. Maria José Vales e Rosa Carballo darán a benvida ás xornadas, como presidenta e xerente do GALP.Nesta xornada propoñemos unha conversa entre mulleres, onde Marisa Seco, Obdulia Piñeiro e María Fontán compartirán as súas experiencias explicando ao público en que consiste o traballo no mar: as dificultades para falar en público, as estratexias para superalas, as respostas que reciben e algunhas anécdotas.

Nesta conversa convidamos ás asistentes a participar e a compartir as vosas experiencias.Esta xornada é a primeira de outras tres xornadas que celebraremos en xullo, nas que as mulleres do mar falaredes de temas do voso interese: dar a coñecer a profesión do marisqueo a flote; a sostibilidade e a economía circular; e os ciclos biolóxicos das mulleres e como inflúen no desenvolvemento do traballo.Se es unha muller de mar e tes interese en asistir a esta xornada, animámoste a participar e a convidar ás túas compañeiras! Para insc ribirte á xornada, podes facelo no correo electrónico dinamizacionmulleresarousa@gmail.com , ou no teléfono 627 096 062.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s