PARQUE NACIONAL MARITIMO TERRESTRE

A conservación da biodiversidade é un aspecto fundamental para a supervivencia e o equilibrio de todos os ecosistemas, tanto dende o punto de vista económico, como desde o social ou do medioambiental. Neste sentido, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia presenta unha gran riqueza de hábitats e especies, tanto terrestres como mariñas, que fortalece o propio ecosistema e da que se benefician os sectores socioeconómicos circundantes. Porén, este aproveitamento de recursos e a convivencia de especies leva aparellada unha serie de ameazas sobre o medio que pode transformarse nun desequilibrio ecosistémico e socioeconómico de non intervir a tempo. Neste sentido, detectáronse unha serie de alteracións dentro do ecosistema debido aos residuos presentes tanto nos fondos mariños como nas praias, e é por isto, e para minimizar e previr a perda de biodiversidade, polo que se decidiu actuar .O proxecto titulado Red para la recuperación de los ecosistemas marinos en el PNMT Illas Atlánticas de Galicia que van desenvolver ao longo deste ano 2018 o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) en condición de socio, conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente a través do Programa pleamar, cofinanciado polo FEMP, este proxecto rematou, pero non as actividades e seguimentos do medio mariño.OBXECTIVOSO obxectivo principal é recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños do parque desde a sustentabilidade.A sustentabilidade do proxecto pasa por integrar a conservación da biodiversidade e dos recursos naturais na poboación local, coa maior participación posible, sobre todo, do sector pesqueiro de modo individual ou por medio dos GALP, voluntariado, estudantes, persoal do Parque Nacional…Estes destinatarios, colaboradores e beneficiarios integraranse na consecución dos seguintes obxectivos específicos:1. Fomentar o coñecemento, a xestión e a conservación dos recursos biolóxicos mariños, especialmente na Red Natura 2000, das zonas mariñas protexidas conforme á Directiva Marco de la Estrategia Marina e doutros espazos e hábitats protexidos.2. Recoller as artes de pesca perdidas e outros refugallos mariños.3. Fomentar a participación dos pescadores na protección e recuperación da biodiversidade.4. Mellorar o estado de conservación, e a capacidade de renovación dos recursos naturais e a biodiversidade, facilitando o cumprimento de obxectivos ambientais establecidos a nivel internacional, nacional e autonómico.5. Integrar a igualdade e a sustentabilidade na conservación da biodiversidade.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s