Desde Amarcarril informamos

CartazDende o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro poñemos en marcha unhas xornadas de formación dirixidas ás mulleres do mar da Ría de Arousa. Estas sesións terán un carácter práctico e participativo, nas que fortaleceremos habilidades como o traballo en equipo, o liderado, destrezas para falar en público ou o uso de novas tecnoloxías. Para máis información sobre o proxecto, preme neste enlace.
Para inscribirse nas actividades ou ampliar información, podes responder a este correo electrónico ou chamar ao teléfono 627096062. Para cumprir coas medidas de seguridade, é preciso confirmar a inscrición na actividade.
A participación nas xornadas é aberta a todas as mulleres vinculadas profesionalmente ao mar, polo que este correo é un convite aberto e pode ser difundido.
Un saúdo,